InicioSANTIAGOA Festa do Banquete de Conxo prepara múltiples actividades para todos os...

A Festa do Banquete de Conxo prepara múltiples actividades para todos os públicos

O propio domingo 26 de maio, ademais do desfile teatral e o pregón, realizarase a recreación teatral do Banquete de 1856 desde as 14:15

Publicado o

Xornal de Compostela

O barrio de Conxo, en Santiago de Compostela, prepárase para celebrar durante os días 24, 25 e 26 de maio a Festa do Banquete, que contará un ano máis coa tradicional romaría popular, desfiles teatralizados, múltiples talleres, música en directo, fotografía ou actividades deportivas e de natureza, entre outras.

Así, a xornada central será o domingo día 26, que arrincará co desfile ‘Alá van estudantes e artesáns’, baixo a coordinación artística de Os Quinquilláns, que sairá da Praza do Toural e percorrerá as rúas de Santiago ata chegar á praza de Conxo.

A continuación, a comitiva dirixirase á carballeira de Conxo, na que se fará unha representación teatral do Banquete para dar paso ao tradicional ‘Serán da Fraternidade’ con comida e romaría popular.

Ademais, a parroquia de Marrozos será protagonista por primeira vez nesta festividade, o materializarase coa lectura do pregón por parte de María Luisa Otero, na participación da Asociación Pena Maior nun taller de baile tradicional e nos percorridos do Tren do Banquete.

O venres, a partir das 17.30 horas, terá lugar ‘As voces do Bosque’, un percorrido literario pola histórica carballeira de Conxo guiado polo editor e escritor Quique Alvarellos, onde se lembrará ás autoras e autores que escribiron sobre o bosque ou no bosque, desde o século XII ata o XX. Para esta actividade é necesario inscribirse en rutabanquete@santiagodecompostela.gal.

A partir das 19.00 e das 20.45 horas terá lugar o ‘Scape Room Banquete de Conxo’, unha actividade lúdica que aproveita a riqueza natural que ofrece a contorna do Bosque do Banquete. O obxectivo principal será coñecer en familia a historia e recursos naturais con probas e xogos nos que os participantes terán que demostrar os seus coñecementos sobre este fito histórico.

Xa o sábado, ás 11.00 horas, terá lugar a Carreira de Orientación da Festa do Banquete, unha proba destinada especialmente á participación de familias. Esta actividade tamén é gratuíta previa inscrición a través de xestanatureza.com.

DÍA GRANDE

O propio domingo 26 de maio, ademais do desfile teatral e o pregón, realizarase a recreación teatral do Banquete de 1856 desde as 14,15 horas.

Tras a romaría popular darase paso ao ‘Serán da Fraternidade’ con música tradicional. Tamén haberá oco para o espectáculo de ‘Transhumancia Sonora’ da compañía Paporrubio, que levará ao Banquete os seus animais cabezudos, acompañados de música e xogos.

Para finalizar o evento, sobre as 19,30 horas haberá unha despedida con discursos de Vos Quinquilláns e pregón de peche a cargo da cineasta Jaione Camborda.

MERCADO DO LIBRO

Por outra banda, a quinta edición do Mercado do Libro terá lugar o sábado 25 e o domingo 26 na Praza Aurelio Aguirre. Ademais, o mercado do libro complementarase cunha pequena mostra de oficios tradicionais. Durante a tarde do sábado tamén haberá unha mesa redonda sobre libros e saúde mental, poesía ou actuacións musicais de Filloas ou C Mirazo.

O domingo haberá unha chocolatada na Praza Aurelio Aguirre e un concerto de Sonoro Maxín, que servirá de peche do Mercado do Libro.

Así mesmo, entre as múltiples actividades planificadas, tamén haberá un certame fotográfico no que poderá participar calquera persoa maior de 18 anos. As imaxes gañadoras recibirán diferentes agasallos, como unha cámara de acción deportiva, unha cámara instantánea ou libros de fotografía.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...