InicioCULTURACarlangas presentará no ‘Atardecer no Gaiás’ o seu terceiro disco en solitario

Carlangas presentará no ‘Atardecer no Gaiás’ o seu terceiro disco en solitario

O exlíder e vocalista de Novidades Carminha chega a Santiago para presentar o seu terceiro traballo en solitario, Universo Paralelo.

Publicado o

Xornal de Compostela

Carlangas inaugura este xoves, ás 20.00 horas, unha nova edición de ‘Atardecer no Gaiás’, o ciclo de concertos gratuítos ao aire libre organizados pola Xunta. O exlíder e vocalista de Novidades Carminha chega a Santiago para presentar o seu terceiro traballo en solitario, Universo Paralelo, un disco no que destacan a colaboración con artistas como Leiva e Dear Joanne.

A actuación, que ía ser ás 21.00 horas, adiántase ás 20.00 horas por decisión do propio Carlangas para non coincidir co partido da selección española de fútbol no Mundial. O acceso ao concerto é libre e gratuíto e poderá utilizarse a liña 9 do autobús urbano para subir e baixar á Cidade da Cultura. O venres, o escenario da praza central do Gaiás será para Marrit, un mozo vigués de 26 anos que obtivo o primeiro premio na categoría de música do certame Xuventude Crea.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...