InicioCULTURAO Auditorio de Galicia acolle este sábado un concerto de gran formato...

O Auditorio de Galicia acolle este sábado un concerto de gran formato con máis de 300 artistas en homenaxe a Manuel María

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra e varios coros poñen música ás pezas de 'As rúas do vento ceibe' dentro da programación das Letras Galegas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela acollerá este sábado, 30 de maio, o concerto ‘As rúas do vento ceibe’, unha proposta musical de gran formato ao redor da poesía galega que reunirá a máis de 300 artistas sobre o escenario en homenaxe a Manuel María. Segundo indica a Deputación da Coruña, a iniciativa está incluída na programación do Día das Letras Galegas e toma o seu nome dun libro de Manuel María, pondo música a poemas deste autor, así como a textos de Rosalía de Castro e de Celso Emilio Ferreiro.

O proxecto, impulsado pola Fundación Manuel María, encargou ao compositor Xosé Carlos Serán Olveira a creación musical a partir dos poemas ‘d’As rúas do vento ceibe’, dando lugar a un repertorio de 13 pezas, once delas baseadas en textos do escritor de Outeiro de Rei.

A interpretación correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, coa participación da mezzosoprano Julia Portela e dun coro mipequeno mixto integrado polo Coro de Cámara Thalassa de Marín, o Coro do Hospital de Lugo, o Coro Liceo de Vilagarcía, o Coro Solfa de Compostela e a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Participará tamén un coro xuvenil conformado polo IES A Xunqueira de Pontevedra, Voces da Terra Chá de Lugo e o Peque Coro in crescendo do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol. A dirección musical será de David Fiuza.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...