InicioCULTURAGalicia Escena PRO reunirá en Santiago máis de 250 profesionais do sector...

Galicia Escena PRO reunirá en Santiago máis de 250 profesionais do sector das artes escénicas desde o luns

A 13ª edición do mercado impulsado pola Xunta e Escena Galega prevé arredor de 400 reunións profesionais e contará con 32 propostas galegas na súa programación

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago converterase dende o vindeiro luns e ata o xoves nun punto de encontro para o sector das artes escénicas coa celebración da 13ª edición de Galicia Escena PRO, un mercado profesional promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa asociación Escena Galega. A cita acadará este ano unha participación récord con 252 profesionais acreditados vinculados á programación, distribución e produción de espectáculos.

Entre os participantes figuran 84 responsables de espazos escénicos, festivais e redes de exhibición, unha cifra superior á da pasada edición. O encontro buscará reforzar a conexión entre compañías, produtoras e programadores para facilitar a contratación e a circulación das producións galegas.

Un dos principais espazos de actividade será a Zona PRO, instalada no Museo das Peregrinacións e de Santiago, onde está prevista a celebración de arredor de 400 reunións profesionais individuais (‘one to one’). O obxectivo destas sesións é favorecer contactos directos entre os distintos axentes do sector e abrir novas vías para a presenza das producións galegas en escenarios e programacións dentro e fóra da comunidade.

A presenza internacional e estatal tamén terá peso nesta edición. Entre as persoas acreditadas atópanse representantes de estruturas culturais portuguesas como Cea Lusófona, Festival Internacional Cómico de Maia, Fazer a Festa ou a Mostra de Galiza en Coimbra. Ademais, asistirán responsables ligados a iniciativas e eventos do resto do Estado, entre eles FiraTàrrega, MadFeria, Dansa València ou a Semana de Danza de Cartaya, xunto con representantes municipais de cidades como Madrid, Eibar, Segovia ou Cáceres.

A organización destacou tamén a resposta obtida na convocatoria artística desta edición, que recibiu 136 propostas. Delas, 82 presentáronse para exhibición en formato completo, mentres que outras 54 optaron ás sesións de presentación de proxectos en desenvolvemento.

A programación final, seleccionada por unha comisión designada por Escena Galega, estará composta por 32 espectáculos e proxectos de produción galega. Dese conxunto, 19 representacións desenvolveranse en cinco espazos escénicos e diferentes localizacións ao aire libre da zona monumental compostelá, mentres que 13 iniciativas presentaranse en formato reducido ante profesionais da programación e distribución.

 

ÚLTIMAS

Goretti Sanmartín repite como candidata á Alcaldía de Compostela: “Estamos no bo camiño”

O BNG confirmou oficialmente a candidatura de Goretti Sanmartín ás eleccións municipais de 2027...

O Aeroporto de Santiago encara a recta final para a súa reapertura coas probas dos sistemas renovados

O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro entrou de cheo na fase de calibración dos...

A investigación continúa para aclarar as circunstancias da morte da nena de dous anos esquecida nun coche en Brión

A investigación sobre o falecemento dunha nena de dous anos en Brión continúa aberta...

Fórmase en Santiago unha fronte institucional para detectar e combater os malos tratos a persoas maiores

Santiago de Compostela conta desde este venres cun novo mecanismo institucional deseñado para protexer...

‘Somos os monstros’ chega a Compostela cunha proposta teatral que aposta pola inclusión e a accesibilidade

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta semana a estrea de 'Somos...

O alumnado do IES Rosalía escolle as obras finalistas da XXX edición do Premio San Clemente

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela deu a coñecer este...

Ginebras arrancará en Santiago a súa xira estatal de salas de 2027 coa Sala Capitol como primeira parada

A banda Ginebras escolleu Santiago de Compostela como punto de partida da súa nova xira...