InicioCULTURAA RAG celebra en Santiago o pleno das Letras Galegas dedicado a...

A RAG celebra en Santiago o pleno das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño

O acto central do 17 de maio terá lugar no Teatro Principal, con intervencións de Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Víctor F. Freixanes

Publicado o

Xornal de Compostela

A Real Academia Galega celebrará este domingo, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, dedicado nesta ocasión a Begoña Caamaño (1964-2014), xornalista, escritora e activista. O acto central do 17 de maio comezará ás 12.00 horas e será de entrada libre ata completar a capacidade do recinto. A sesión contará con intervencións académicas sobre a figura e a obra de Caamaño a cargo de Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Víctor F. Freixanes.

O presidente da institución, Henrique Monteagudo, pechará a sesión, á que lle porá música Sofía Espiñeira. A celebración, organizada co apoio do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, poderá seguirse tamén en directo na web da RAG, academia.gal, e na súa canle de YouTube.

UNHA FESTA DA CULTURA GALEGA NACIDA EN 1963

A RAG lembra que a “gran festa da cultura galega” naceu en 1963 e que entón se elixiu como homenaxeada Rosalía de Castro, “autora fundacional das letras galegas contemporáneas”. Aquela primeira celebración coincidiu co centenario da publicación de Cantares Gallegos“Un ano despois nacía en Vigo Begoña Caamaño, a protagonista deste 17 de maio”, remarca a institución académica, que subliña a súa faceta como escritora, ademais de xornalista e activista, ata o seu falecemento debido a un cancro cando acababa de cumprir os 50 anos.

“Pero as dúas novelas que publicou, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), merecen un lugar destacado nas letras galegas contemporáneas, tanto polo seu valor literario e lingüístico como pola súa capacidade de reflexión sobre grandes temas universais”, salienta a institución académica. A RAG celebrou distintas actividades e propostas para todas as idades co obxectivo de lembrar a figura e a obra dunha autora que fixo da literatura, do xornalismo e do activismo unha forma de compromiso coa lingua, coa igualdade e co pensamento crítico.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...