InicioCULTURASantiago blinda o Banquete de Conxo: a festa histórica reivindica o seu...

Santiago blinda o Banquete de Conxo: a festa histórica reivindica o seu bosque co obxectivo ‘residuo cero’

O Concello presenta a programación do 22 ao 24 de maio, que mesturará a romaría tradicional, teatro na rúa e un estrito control ambiental na carballeira.

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago prepárase para o Banquete de Conxo. O Concello fixou a histórica celebración para os días 22, 23 e 24 de maio. A cita pechará un mes de intensa actividade na capital, enlazando case directamente coas festas da Ascensión e as Letras Galegas.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenente de alcaldesa, María Rozas, presentaron a programación. O obxectivo da cita é unir a música tradicional e a gastronomía coa protección do espazo natural. A rexedora lembrou que esta cita representa “valores de liberdade, igualdade e fraternidade”.

O día grande será o domingo 24. A xornada comezará ás 11.00 horas na emblemática praza do Toural. Desde alí sairá un desfile teatral e musical que contará coa participación de estudantes, artesáns e pandereteiras. Tras a marcha pola cidade, lerase o pregón. Este ano correrá a cargo de Nuria González e Maika González, representantes das asociacións veciñais de Vidán e O Eixo, parroquias convidadas. A continuación celebrarase o xantar e a tradicional romaría.

A festa continuará pola tarde. A partir das 17.30 horas haberá espectáculos lúdicos e didácticos pensados para o público familiar. A xornada despedirase cos clásicos brindes e varias sorpresas finais que a organización garda en segredo.

OBXECTIVO RESIDUO CERO E ECOBOSQUE

O goberno local quere protexer a carballeira por riba de todo. Sanmartín reivindicou a necesidade de minimizar o impacto ambiental da masiva afluencia de visitantes. “A idea é que deixemos a zona do bosque xustamente igual que estaba cando chegamos”, subliñou. Para logralo, o Concello pon en marcha o proxecto ‘Residuos 0’. Repartiranse folletos informativos e bolsas específicas entre os asistentes. O espazo contará con sinalización detallada e colectores marróns para a materia orgánica.

Nesta mesma liña, María Rozas vinculou a festa co proxecto Ecobosque. A intención é pór en valor o ecosistema de Conxo antes da propia romaría. Para quentar motores organizaranse varias actividades previas na contorna. Ademais, o sábado 16 farase unha quenda de observación de aves e outra nocturna de morcegos. Para participar nestas últimas é necesario inscribirse previamente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...