InicioCULTURAO IES Rosalía de Castro inaugura a mostra 'Un canto na procura...

O IES Rosalía de Castro inaugura a mostra ‘Un canto na procura da luz’, sobre Luísa Villalta

Baseada na figura homenaxeada nas Letras Galegas neste 2024.

Publicado o

Xornal de Compostela

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela inaugurou este mércores a exposición ‘Un canto na procura da luz’, unha mostra ao redor de Luísa Villalta que reúne 26 paneis informativos sobre a traxectoria vital e profesional da autora, así como traballos do alumnado deste centro compostelán baseados na figura homenaxeada nas Letras Galegas neste 2024.

Videopoemas, ilustracións, caligramas e poemas asinados por estudantes de secundaria sobre diferentes aspectos da súa biografía e da súa obra conforman o groso desta exposición, que se pode ver no primeiro piso do IES Rosalía de Castro.

Trátase, en palabras do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, dunha exposición “ampla, moi grande e moi completa sobre a figura de Luísa Villalta”. O representante da Xunta animou aos estudantes a levar consigo sempre a literatura e a lingua.

No acto participou tamén o director do IES Rosalía de Castro, Xavier Mouriño, así como dos profesores de Educación Plástica Visual do centro, Ana García e Juan José Raíces, e da profesora responsable de Dinamización Lingüística do Rosalía, Marga Romeu.

Esta última docente aproveitou para achegar a súa visión sobre Luísa Villalta, autora á que a unía unha longa amizade. “Luísa Villalta escribiu para o futuro”, dixo Romeu, quen aproveitou a ocasión para trazar un percorrido pola traxectoria da autora. “Foi ensinante, gustáballe dar clase e facíao desde o IES Isaac Díaz Pardo de Sada”, apuntou Romeu, que puxo tamén en valor a súa carreira musical como violinista, ademais do seu valor literario.

Os traballos realizados polos alumnos e polas alumnas do IES Rosalía de Castro para esta exposición contaron tamén coa implicación da profesora de galego Sira Vidal e do profesor de latín Xabier Recondo. Ademais, os antigos docentes do centro, agora xubilados Soidade Pite e Pedro Ávila achegaron á mostra varias ilustracións a maneira de retrato de Luísa Villalta.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...