InicioCULTURAA compostelá Isabel Dobarro conquista un Latin Grammy polo álbum Kaleidoscope

A compostelá Isabel Dobarro conquista un Latin Grammy polo álbum Kaleidoscope

‘Kaleidoscope’, unha obra centrada en compositoras contemporáneas, recibe o galardón a Mellor Álbum de Música Clásica

Publicado o

Xornal de Compostela

A pianista compostelá Isabel Dobarro sumou este xoves un novo fito á súa traxectoria ao obter o Latin Grammy ao Mellor Álbum de Música Clásica pola súa gravación Kaleidoscope (Naxos–Grand Piano). A cerimonia, celebrada nas Veigas, recoñeceu así un proxecto que afonda na visibilidade das creadoras na música contemporánea e que mantén unha forte ligazón con Santiago de Compostela, raíz biográfica da artista.

O disco, que reúne pezas de diferentes compositoras de diversos países, naceu coa intención de pór o foco no talento feminino, nunha liña que a intérprete leva anos reivindicando. No seu discurso, Dobarro lembrou que estas creadoras continúan a atopar dificultades para ocupar espazos de presenza no ámbito clásico e sinalou que o seu propósito foi darlles unha plataforma desde a interpretación e a gravación profesional.

Entre as obras incluídas destaca a composición final do álbum, Alalá dás paisaxes verticais, asinada pola tamén galega Carme Rodríguez, unha peza que dialoga co folclore galego e que, segundo explicou a pianista noutros encontros públicos, representa para ela unha forma de manter presente a paisaxe sonora da súa terra.

Visiblemente emocionada ao recoller o galardón, Dobarro dedicou o premio á súa familia. Lembrou “o apoio permanente” recibido ao longo da súa formación e evocou os primeiros concertos aos que asistiu no Auditorio de Galicia, espazo que situou como un dos puntos de partida da súa carreira musical. A artista tivo palabras especiais para o seu marido, a súa irmá e o seu sobriño, e fixo unha mención destacada aos seus pais, presentes no acto.

Con este recoñecemento internacional, Isabel Dobarro consolida unha traxectoria na que combina interpretación, investigación e activismo cultural, e sitúa de novo o talento musical compostelán nunha das principais plataformas da industria musical latinoamericana.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...