InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOFalece Ramón Yzquierdo, catedrático de Historia e experto na Catedral de Santiago

Falece Ramón Yzquierdo, catedrático de Historia e experto na Catedral de Santiago

Pertenceu á Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e ao Plenario do Consello da Cultura Galega, entre outros

Publicado o

Xornal de Compostela

O catedrátido de Historia da arte pola Universidade da Coruña (UdC) Ramón Yzquierdo Perrín, experto na Catedral de Santiago e arte medieval, faleceu este xoves aos 77 anos.

Este académico da Real Academia de Belas Artes de Galicia foi director técnico do Museo da Catedral de Santiago de Compostela, con traballos sobre arquitectura románica ou a reconstrución do coro pétreo do Mestre Mateo xunto ao profesor Ramón Otero Túñez. A súa investigación céntrase no románico e o protogótico.

Licenciado en Filosofía e Letras –sección de Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1970–, entre 1970 e 1995 formou parte do Departamento de Historia da arte da USC. En 1995 trasladouse como catedrático á Universidade da Coruña, con docencia nos Campus de Ferrol e A Coruña.

Pertenceu á Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e ao Plenario do Consello da Cultura Galega, entre outros.

Comisariou exposicións, organizou e participou en congresos e reunións científicas internacionais, nacionais e doutra índole, ademais de participar en recuperacións de patrimonio. Conta con numerosas publicacións.

Este venres, ás 12:00 horas, celebrarase unha misa na capela da Funeraria Apóstolo Santiago. Tras iso, recibirá sepultura no compostelán cemiterio de Boisaca.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...