InicioCULTURAUn encontro de autores debaterá en Santiago os impactos da IA no...

Un encontro de autores debaterá en Santiago os impactos da IA no galego, eúscaro e catalán

'Galeusca 2025' pretende ser un espazo de diálogo no que se poñan en común perspectivas sobre a creación escrita

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de 2.800 autores membros de asociacións de escritores en galego, eúscaro e catalán estarán representados en Santiago, entre o venres 19 e o sábado 20, durante o ‘Galeusca 2025’, un encontro que abordará, entre outros temas, o impacto da Intelixencia Artificial (IA) nos sistemas literarios a través de diferentes coloquios e actividades.

Detrás do evento están a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalá (AELC), que este venres deron a coñecer o programa a través dunha rolda de prensa. Os seus representantes defenderon ‘Galeusca’ como un “espazo de diálogo” no que queren pór en común perspectivas sobre a creación escrita, enfocado especialmente na IA, entre outros temas da actualidade.

Este ano, o encontro durará dous días, de forma que o sábado 20 concentrará a maioría de encontros e actividades do programa, distribuídas entre o Museo do Pobo Galego e a igrexa de San Domingos de Bonaval. Entre as actividades programadas esta segunda xornada, Rubén Cela, Ania González Castiñeira e Sebastià Portell participarán nun diálogo sobre IA desde as perspectivas das linguas e literaturas minorizadas ás 12.45 horas no Museo do Pobo Galego.

O acto de clausura de ‘Galeusca 2025’ estará a cargo dunha improvisación entre ‘regueifeiras’, ‘bertsolariak’ e ‘glosadors’, ademais dun peche musical con Ugía Pedreira. Por outra banda, na presentación das xornadas estivo presente a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, que considerou un “déficit de certa normalidade democrática” a “falta de coñecemento das linguas e literaturas do Estado fóra do español”.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...