InicioCULTURAA Cidade da Cultura acolle o gran festival de electrónica 'Wake Up!'...

A Cidade da Cultura acolle o gran festival de electrónica ‘Wake Up!’ o 30 de agosto

O maratón musical comeza o 30 de agosto e prolongarase desde as 16.00 ata as 06.00 horas, co brasileiro Mochakk como cabeza de cartel.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia converterase o sábado 30 de agosto nun gran club ao aire libre coa chegada do ‘Wake Up!’ no Gaiás no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia.

Será un maratón de música electrónica que se prolongará desde as 16.00 ata as 06.00 horas da mañá. O DJ brasileiro Mochakk converterase no protagonista. Xunto a el estarán Silvie Loto, Francisco Allendes, Cristina Lazic, Caste B2B Seles e MVRK.

Así o anunciou este mércores o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, nun acto no que reivindicou a aposta do seu departamento por “situar a través de iniciativas como esta a cidade de Santiago de Compostela como destino turístico de grandes festivais e concertos para todos os públicos e de diversos xéneros musicais”.

“Esta primeira e pioneira edición do Wake Up! no Gaiás é un fito turístico destacado ao que é unha honra darlle cobertura desde o selo Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia, xa que pode ser un atractivo para o publico internacional que visita o noso territorio atraído pola oferta de vangarda deste programa”, destacou.

Neste sentido, remarcou o apoio da Xunta de Galicia a numerosos festivais e concertos na cidade da man de Concertos do Xacobeo, que “están a contribuír ás boas cifras turísticas que revelan que no primeiro semestre do ano a cidade crece un 3% en número de viaxeiros, especialmente estranxeiros, que supoñen o 53% do total”.

Tamén apuntou que o Executivo galego continúa “firme” na súa aposta por situar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais cos Concertos do Xacobeo, que na provincia da Coruña suman máis de medio centenar de eventos.

En total, este ano están confirmados máis de 150 eventos baixo esta marca que reúnen a máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros e que se celebran durante os 12 meses do ano con música en directo, “favorecendo o turismo e a oferta cultural de maneira deslocalizada”.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...