InicioCULTURAA Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, catalogada de interese...

A Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, catalogada de interese cultural

Publicado o

Xornal de Compostela

Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, situado na compostelá Igrexa de San Domingos de Bonaval e onde descansan os restos de destacados intelectuais e galeguistas como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou Rosalía de Castro, entre outros, foi catalogada de interese cultural.

A orde que o ratifica, asinada polo conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, ten data de 30 de maio e foi publicada este luns polo Diario Oficial de Galicia. A Fundación quedou formalmente constituída nun acto público o pasado mes de abril, un paso que permitiu pechar un proceso que se iniciou cando se empezou a desenvolver a lei aprobada por unanimidade na Cámara no verán de 2023 para sacar do limbo xurídico ao Panteón, que pasou a ser identificado como símbolo de Galicia.

Para a súa xestión optouse pola fórmula de fundación e as bases da súa activación empezáronse a sentar nun encontro formal en outubro do ano pasado coa implicación de Parlamento, Xunta, Concello de Santiago e Arcebispado, a quen os seus estatutos sinalan como fundadores.

De acordo coa normativa vixente, a Fundación queda clasificada como de interese xeral. Entre os obxectivos que determinan os seus estatutos están “defender os valores compartidos polo pobo galego, reivindicar a cultura e a lingua, contribuír ao coñecemento científico e o desenvolvemento das ciencias humanas, sociais, naturais, de saúde ou tecnolóxicas e a creación artística e literaria”. Mediante esta clasificación, a entidade adscribiuse ao protectorado da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...