InicioCULTURAFalece o músico e compositor compostelán Emilio Cao, integrante de Voces Ceibes

Falece o músico e compositor compostelán Emilio Cao, integrante de Voces Ceibes

Tiña 72 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

O músico e compositor compostelán Emilio Cao, integrante do colectivo musical Voces Ceibes, faleceu aos 72 anos. Os Premios Martín Códax da Música compartiron o seu pesar polo falecemento do músico a través da rede social X, cunha publicación na que definiron a Cao como “unha figura crave na apertura da música galega ao ámbito internacional”.

Cómpre lembrar que no 2024 Emilio Cao recibiu o Premio Honorífico Martín Códax da Música, polo que nesta xornada quixeron destacar ao compostelán como “gran referente para todo o sector musical galego”. Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén trasladou o pésame pola morte do artista. “Que a terra lle sexa leve! Gran perda para a música galega”, compartiu a través dunha publicación na rede social X.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...