InicioCULTURAA manifestación pola lingua galega do 17 de maio acabará cunha foliada...

A manifestación pola lingua galega do 17 de maio acabará cunha foliada na Praza do Obradoiro

Queremos Galego animou a todas as persoas que participen na manifestación a levar as súas pandeiretas.

Publicado o

Xornal de Compostela

Queremos Galego anunciou este xoves en rolda de prensa a convocatoria de manifestación para o 17 de maio, que acabará cunha foliada na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. “Será unha homenaxe masiva á lingua e á cultura popular que se mantivo viva na voz das cantareiras resistindo a todos os intentos de apagala”, afirmou a coordinadora da plataforma, Celia Armas.

Así, Queremos Galego fixo un chamamento ás agrupacións, asociacións e colectivos da música galega a participar na gran foliada pola lingua e animou a todas as persoas que participen na manifestación a levar as súas pandeiretas. Ademais, a plataforma sinalou que desenvolverá plenarios por toda Galicia durante as próximas semanas con dous obxectivos: difundir a convocatoria de manifestación e comezar un proceso social “amplo, plural e participativo para facer o que a Xunta non ten disposición de facer”. Este proceso, que se chamará ‘Lingua Vital’, será presentado na Praza do Obradoiro o 17 de maio.

Por todo iso, fronte á “actitude da Xunta e do PP”, subliñou o portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, haberá unha resposta na mobilización da sociedade “a favor do seu idioma, pero tamén asumindo o protagonismo que se lle nega”. E farao, dixo Maceira, cun proceso “aberto, plural e participativo, para que tanto institucións, administracións como organizacións da sociedade asuman a súa responsabilidade”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...