InicioCULTURAO concurso Santiago(é)Tapas regresa con premios gastronómicos e deportivos

O concurso Santiago(é)Tapas regresa con premios gastronómicos e deportivos

A XVI edición do certame ofrecerá agasallos a quen complete as rutas dispoñibles no ‘Tapasporte’

Publicado o

Xornal de Compostela

A cidade de Santiago de Compostela prepárase para a celebración da XVI edición de Santiago(é)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago, que dará comezo o xoves 13 de febreiro e estará vixente ata o 10 de marzo.

A iniciativa busca promover a hostalaría local a través dun percorrido por distintos establecementos da cidade, nos que os asistentes poderán degustar tapas elaboradas para a ocasión. Ademais, aqueles que completen algunha das rutas incluídas no ‘Tapasporte’ poderán optar a diferentes premios, entre os que destacan produtos de agricultura ecolóxica e artesanía alimentaria, viño Ponche da Boga, packs de cervexa Estrella Galicia Especial e abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela.

Para formar parte do certame, o público deberá recoller o ‘Tapasporte’, un documento que se poderá obter desde o inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago, situada na rúa do Vilar, en horario de 10.00 a 18.00 horas, de luns a domingo. Tamén estará dispoñible en todos os locais participantes.

Cada establecemento ofrecerá unha tapa específica e, tras consumila, os asistentes deberán selar o Tapasporte e emitir o seu voto a través dun código QR facilitado polo local. Unha vez completada unha ou varias das sete rutas dispoñibles, os participantes poderán reclamar o seu agasallo na Oficina de Turismo.

Nesta edición tamén haberá unha recompensa especial para aqueles que completen os cinco locais distinguidos co selo de Calidade Turística SICTED, que son: Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de Santa Marta, Redes, O Sendeiro e Orixe.

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN ‘VACALUDOS SEMANA SANTA’

Paralelamente ao concurso gastronómico, o Concello de Santiago anunciou a apertura do prazo de inscrición para o programa de conciliación ‘VacaLudos Semana Santa’, que se levará a cabo no Espazo de Lecer María Miramontes os días 14, 15, 16 e 21 de abril.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean empadroados en Santiago ou matriculados nun centro educativo do municipio. O programa ofrecerá un total de 73 prazas, cunha serie de actividades lúdicas para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

A Banda Municipal de Santiago une música e ilustración nunha tempada con Kiko da Silva como colaborador

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dedicará a súa tempada 2026-2027...