InicioCULTURAO Gaiás énchese de tinta ao recibir a maior mostra internacional sobre...

O Gaiás énchese de tinta ao recibir a maior mostra internacional sobre tatuaxes, con máis de 240 pezas de 20 países

'Tattoo. Arte baixo a pel' poderá verse na Cidade da Cultura ata o 20 de abril de 2025.

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou este xoves na Cidade da Cultura a exposición ‘Tattoo. Arte baixo a pel’, “a maior exposición internacional sobre tatuaxes desenvolvida ata o momento”. A mostra ábrese ao público no Gaiás tras ser visitada por máis de dous millóns de persoas no seu percorrido por museos e institucións culturais de Francia, Canadá, Estados Unidos, Taiwan, Rusia e os centros de Fundación ‘La Caixa’ en España.

O titular de Cultura da Xunta remarcou a “relevancia” de traer a Galicia unha mostra que profunda nas orixes e evolución dunha práctica presente en practicamente todas as culturas humanas do mundo e que esperta un “crecente interese” desde ámbitos diversos como o antropolóxico, o artístico e o social. A exposición poderá visitarse ata o 20 de abril de 2025, gratis, no Museo Gaiás.

MÁIS DE 240 PEZAS DE 20 PAÍSES

A mostra está composta por máis de 240 pezas históricas e contemporáneas procedentes dunha vintena de países. Entre elas, atopamos obxectos rituais e decorativos, fotografías, debuxos, pinturas, utensilios de tatuar tradicionais e 26 modelos hiperrealistas de silicona tatuados por algúns dos mellores artistas actuais da tatuaxe.

No acto participaron tamén a comisaria da mostra, Anne Richard, e a directora de Desenvolvemento Cultural do musée du Quai Branly-Jacques Chirac, Christine Drouin, institución promotora da exposición. Tamén estivo o artista da tatuaxe e coleccionista holandés Henk Schiffmacher, coñecido popularmente como Hanky Panky, investigador da tatuaxe tradicional no mundo e tatuador de celebridades como Lady Gaga, Red Hot Chili Peppers ou Mötorhead.

En palabras da comisaria, a exposición representa un itinerario xeográfico e histórico co que explorar os motivos polos que se practicaba a tatuaxe nas culturas tradicionais, a súa asociación histórica con grupos criminais e marxinados, como a mafia xaponesa ou as bandas latinas, e finalmente a súa expansión como fenómeno estético e manifesto de individualidade.

Móstranse exemplos de tatuaxes realizadas por motivos relixiosos e mesmo máxicos, como os yantras tailandeses, considerados un talismán protector contra balas, accidentes e enfermidades que levan celebridades como a actriz Angelina Jolie. Tamén selos empregados polos cristiáns para tatuaxes que realizaban ao acabar unha peregrinación ou como símbolo de identidade que só eles coñecían. “Unha práctica que hoxe vemos nas cunchas de vieira ou a cruz de Santiago que deciden levar no seu corpo moitas das persoas que completan a ruta xacobea”, sinalou o conselleiro respecto diso.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...