InicioSANTIAGOUn estudo da USC estima que unha xeración libre de tabaco evitaría...

Un estudo da USC estima que unha xeración libre de tabaco evitaría 1,2 millóns de mortes por cancro de pulmón

A investigación global publicada en 'Lancet Public Health' destaca o impacto positivo de prohibir o consumo de tabaco a persoas nacidas a partir de 2006

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Internacional para a Investigación en Cancro (IARC), publicado en Lancet Public Health, revela que unha xeración libre de tabaco podería evitar ata 1,2 millóns de mortes por cancro de pulmón en todo o mundo. A medida, que prohibiría a venda de produtos de tabaco a persoas nadas a partir dun ano específico, foi tomada en consideración en varios países, pero este é o primeiro estudo que estima o seu impacto global.

A investigación, que abarca 185 países, baseouse nun escenario no que se prohibiría o consumo de tabaco a persoas nadas entre 2006 e 2010, asumindo unha aplicación perfecta da medida. Segundo os datos, evitaríanse o 40,2% das mortes por cancro de pulmón esperadas nese grupo ata o ano 2095.

A USC destaca que, en España, esta medida evitaría unhas 21.900 mortes, das cales 11.600 serían de homes e 10.300 de mulleres. Isto suporía unha redución do 71,9% das mortes en homes e do 73,1% en mulleres. A nivel global, as cifras varían por rexións, sendo Europa Occidental a zona onde se evitaría a maior porcentaxe de mortes (73,6%).

“A pesar de que a porcentaxe de mortes evitables é maior en homes globalmente, en rexións como Norteamérica e Europa Occidental é maior en mulleres”, destacou o equipo investigador da USC, composto por profesorado da área de Medicina Preventiva e Saúde Pública.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...