InicioSOCIEDADEAs ONG poderán pedir desde este xoves as axudas do Concello para...

As ONG poderán pedir desde este xoves as axudas do Concello para proxectos en países con pobreza

O prazo de presentación finalizará o 3 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

A ONG poderán pedir desde este xoves as axudas do concello de Santiago destinadas a desenvolver proxectos en países empobrecidos. O prazo de presentación finalizará o 3 de outubro.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este mércores a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva. Así a concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina a esta convocatoria un orzamento de 400.000 euros, e cada entidade beneficiaria poderá recibir un máximo de 40.000 euros.

A convocatoria ten como obxectivo contribuír á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable aprobado polas Nacións Unidas en 2015 e mostrar o compromiso do Concello coa defensa dos dereitos humanos en todo o mundo.

Poden benefiicarse destas axudas as ONGDs que desenvolvan proycectos de cooperación ao desenvolvemento en países empobrecidos, que acrediten un mínimo de dous anos de experiencia no ámbito territorial de actuación para o que solicitan a axuda, e que conten con contrapartes ou sociso locais para a execución dos proxectos que presenten á convocatoria.

AXUDAS REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS

Por outra banda, o BOP tamén publicou dúas convocatorias de axudas para a rehabilitación de edificios. Ambas as liñas suman unha contía total de 4.269.600 euros: 2.186.400 euros para a rehabilitación da vivenda construída no século XX nos barrios de Pontepedriña, Vite e Vista Alegre e 2.083.200 euros para actuacións nos edificios da cidade histórica.

Desta forma, as persoas e entidades solicitantes das axudas contarán cun prazo de tres meses a partir deste xoves.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...