InicioECONOMÍAA Xunta inviste seis millóns no Citius como centro de referencia en...

A Xunta inviste seis millóns no Citius como centro de referencia en investigación de intelixencia artificial

Desenvolven iniciativas como o Proxecto Nós, para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron este martes o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius), da USC.

Trátase, puxeron en valor, dun dos centros referentes de Galicia na investigación da intelixencia artificial, especialmente no campo das tecnoloxías lingüísticas, o ámbito de maior impacto actual neste campo.

Guiados polo director científico do centro, Senén Varro, os representantes da consellería profundaron nas investigacións que viran ao redor dos dispositivos e a computación verde e intelixente, así como nos fundamentos da intelixencia artificial.

Ademais, o centro traballa as tecnoloxías intelixentes tendo en conta o marco ético, social, económico e cultural que os engloba para “facer da intelixencia artificial unha ferramenta confiable”, destaca o Goberno galego.

A Xunta está a investir case 6 millóns neste centro, un dos 13 que compoñen a rede de Centros de Investigación de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia. Grazas a este apoio, os máis de 100 investigadores que traballan no Citius están a desenvolver iniciativas como o Proxecto Nós, para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais.

Entre outras actuacións destacadas, tamén traballan en proxectos ao redor da monitorización predictiva e causalidade para rehabilitación cardíaca ou de observación e predición da calidade do aire a escala urbana.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...