InicioCULTURAO Festival Curtocircuito regresa a Santiago con 42 filmes e unha forte...

O Festival Curtocircuito regresa a Santiago con 42 filmes e unha forte aposta pola igualdade

A 21ª edición do certame contará con dirección feminina no 66% das cintas e poñerá o foco no cinema galego e internacional

Publicado o

Xornal de Compostela

A 21ª edición do Festival Curtocircuito arranca en Santiago de Compostela este martes, cunha programación que reflicte o compromiso pola igualdade de xénero e unha ampla representación de filmes internacionais. O evento, que se estenderá ao longo de seis xornadas, presentará 42 películas de 16 países, das cales o 66% están dirixidas por mulleres.

O director do festival, Pela do Álamo, destacou que esta edición pon o foco na diversidade de voces e estilos, mantendo a aposta polo cinema galego a través de seccións como Planeta GZ, Supernova e colaboracións con entidades locais. Ao longo do festival, poderanse ver traballos de cineastas internacionais e locais, como Elena López Rise, Sandra Schafer e Rainer Kohlberger.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, subliñou que Curtocircuito mantén a súa esencia de explorar “novos estilos audiovisuais” ao tempo que reflicte un compromiso coa igualdade e a representación global. Pola súa parte, o director de Agadic, Jacobo Sutil, destacou o festival como un espazo estratéxico para “descubrir novos talentos”, mentres que o deputado Xosé Pernas eloxiou a súa relevancia a nivel galego e europeo.

Entre as proxeccións destacadas están As noivas do Sur, de Elena López Rise, estreada en Cannes, e Cordas, de Estíbaliz Urresola Solaguren, directora de 20.000 especies de abellas. A nivel galego, resalta o debut de Carmen Méndez como directora con Pura, onde explora as relacións familiares e a identidade.

O festival inclúe tamén unha Residencia Artística coa fotógrafa Rocío Madrid, que retratará Santiago desde novas perspectivas, así como a recuperación de filmes amateurs galegos dos anos 60, como O Camiño de Santiago e Malpica, que levan máis de 50 anos sen ser proxectados.

Curtocircuito contará ademais con espectáculos audiovisuais en directo, charlas e mesas redondas, e unha iniciativa educativa denominada #OutraCompostela, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

Os abonos para o festival están dispoñibles a través de Compostela Cultura, con prezos que varían entre os 20 e os 40 euros, dependendo da modalidade. As entradas individuais custan 4 euros para proxeccións e entre 8 e 14 euros para os Live AV.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...