InicioECONOMÍAO Concello destina 400.000 euros en axudas a organizacións para realizar proxectos...

O Concello destina 400.000 euros en axudas a organizacións para realizar proxectos de cooperación

Os proxectos poderán recibir ata un máximo de 40.000 euros, 15.000 máis que na anterior edición, ata sufragar o 95 % do orzamento total da iniciativa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago destinará 400.000 euros en axudas a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento para realizar proxectos de cooperación en países empobrecidos. O programa municipal de apoios ás ONGD foi presentado este venres en rolda de prensa pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas.

O concello compostelán incrementa un 138 % a partida dedicada a este programa creado en 2017 que alcanza nesta edición o seu orzamento máis alto, segundo trasladou o consistorio nun comunicado. “Estas bases son o reflexo do compromiso do goberno coa cooperación ao desenvolvemento e con ter un concello verdadeiramente solidario”, incidiu a concelleira.

Os proxectos poderán recibir ata un máximo de 40.000 euros, 15.000 máis que na anterior edición, ata sufragar o 95 % do orzamento total da iniciativa. O pago da subveción realizarase de forma anticipada ata o 100 % da súa contía, que será recoñecido de forma implícita no momento da concesión da axuda a diferenza das anteriores edicións, cando tiñan que solicitalo.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...