InicioCULTURAUnha investigación da USC profunda na figura da profesora Georgiana Goddard, a...

Unha investigación da USC profunda na figura da profesora Georgiana Goddard, a primeira “peregrina erudita”

Está considerada a primeira "peregrina erudita" por visitar Santiago en 1915 coincidindo co Ano Santo nunha experiencia que plasmou cinco anos despois nun libro sobre a Ruta Xacobea que serviu para difundir o Camiño nos Estados Unidos

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha investigación da USC profunda na figura da profesora estadounidense Georgiana Goddard King, considerada a primeira “peregrina erudita” por visitar Santiago en 1915 coincidindo co Ano Santo nunha experiencia que plasmou cinco anos despois nun libro sobre a Ruta Xacobea que serviu para difundir o Camiño nos Estados Unidos. O traballo desenvolvido entre 2021 e 2024 baixo a coordinación dos profesores Miguel Taín Guzmán e Patricia Fra acaba de ser publicado no libro ‘Georgiana Goddard King e The Way of Saint James (1920). A primeira peregrinación erudita polo Camiño de Santiago’, editado por Akal.

Ao longo de distintos capítulos, varios expertos analizan a figura desta profesora de Historia da arte desde puntos de vista, como a súa achega aos estudos hispanistas norteamericanos a través de ‘The Way of Saint James’ e o seu contraste, coa perspectiva feminista, ás visións doutros autores contemporáneos. A súa formación académica e a súa experiencia do Camiño, así como os preparativos da viaxe ou a elaboración do libro no que envorcou o vivido e a análise do patrimonio que Goddard King coñeceu na súa ruta desde os Pireneos a Santiago que prolongou ata o Atlántico son outros dos temas que recolle a obra académica sobre a estadounidense.

Da súa estadía en Santiago, Goddard describe as festas do Apóstolo, nas que asistiu á misa na que viviu o desfile do arcebispo e o delegado rexio que se mantén na tradición na actualidade. A investigación sobre a profesora hispanista tamén aborda a súa análise da Catedral compostelá, á que se aproxima desde a consulta do Códice Calixtino baixo a guía do pai Fidel Fita e o arquiveiro Antonio López Ferreiro. A autora está considerada a primeira persoa que investigou e analizou o estado das rutas a pé do Camiño Francés, á vez que se dedicou a recoller os milagres, lendas e tradicións vinculadas ás peregrinacións.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...