InicioCULTURAO arpista compostelán Manuel Vilas presenta o seu disco este luns no...

O arpista compostelán Manuel Vilas presenta o seu disco este luns no Ateneo de Santiago

A obra combina himnos en latín e quechua do Virreinato do Perú con interpretacións de arpa histórica

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago acollerá este luns, 19:30 horas, a presentación do disco Yaya Kuntur (Padre Cóndor). Himnos en latín y quechua (siglos XVI-XIX) de Manuel Vilas & Ars Atlántica. Durante o acto, que terá lugar na rúa do Vilar, 19, o recoñecido arpista Manuel Vilas presentará unha arpa histórica do século XVIII, obra do luthier Javier Reyes de León, reproducida na portada do disco.

Vilas compartirá co público o proceso de creación deste proxecto, que recompila himnos católicos en latín e quechua do Virreinato do Perú, ademais doutras pezas de música peruana como o yaraví. O disco conta coa colaboración de Magali Revollar e o tenor Diego Blázquez. A obra pretende dar a coñecer un repertorio histórico pouco difundido e destacar a relevancia da arpa nesta música.

O arpista compostelán, especialista en arpas antigas, é coñecido pola súa contribución á recuperación de repertorios históricos en festivais de Europa, América e Asia, consolidándose como unha figura clave na música barroca en España e Latinoamérica.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here