InicioCULTURAA RAGC promove unha charla sobre o matemático galego José Rodríguez en...

A RAGC promove unha charla sobre o matemático galego José Rodríguez en Santiago

O evento enmárcase nas celebracións da G-Night 2024 e terá lugar na sede de Afundación o venres 27 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

No marco das celebracións da Noite Galega das Persoas Investigadoras 2024 (G-Night), a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), organiza mañá venres unha charla baixo o título «O metro calculado por un galego do século XIX», en homenaxe a José Rodríguez González, quen foi nomeado Científico Galego do Ano pola RAGC. A conferencia, que se celebrará ás 19:00 horas na sala de conferencias de Afundación en Santiago de Compostela, estará a cargo do matemático e investigador da Universidade da Coruña, Xabier Pérez Couto.

José Rodríguez González, nado en Lalín en 1770 e falecido en Santiago en 1824, é coñecido como “O Matemático de Bermés”, sendo unha das figuras máis destacadas da ciencia europea do seu tempo. As súas contribucións abranguen campos como as matemáticas, a xeometría, a astronomía, a xeografía e a mineraloxía. A charla ten como obxectivo achegar a súa figura ao conxunto da sociedade, destacando o impacto das súas investigacións.

Este evento forma parte dunha serie de actividades que a RAGC está a desenvolver para conmemorar a traxectoria de Rodríguez González, cunha especial atención na súa relevancia dentro da historia da ciencia galega e europea.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here