InicioSANTIAGOO Concello de Santiago inicia traballos de limpeza nocturna na rede de...

O Concello de Santiago inicia traballos de limpeza nocturna na rede de saneamento

As actuacións, que afectarán 20 puntos da cidade, comezarán o 30 de setembro e durarán ata o 28 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago comezará este 30 de setembro unha serie de traballos de limpeza nocturna para mellorar a rede de saneamento en diversos puntos do Ensanche, na cidade histórica e nos túneles das Cancelas e Romeu Donallo. Estas intervencións, que se realizarán entre as 23.00 e as 07.00 horas, obrigarán a realizar cortes de tráfico en varias rúas da cidade.

Segundo indicou o Concello, estas actuacións terán como obxectivo previr posibles afectacións pola acumulación de choivas torrenciais e mellorar a capacidade de evacuación da rede de saneamento municipal. Os traballos prolongaranse ata o 28 de outubro, cando está previsto que finalicen no túnel de Romero Donallo.

O primeiro punto de intervención será a rúa Doutor Teixeiro, e de luns a xoves, os traballos iranse trasladando a diferentes zonas, incluíndo rúas como Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas, San Pedro de Mezonzo, Montero Ríos, Santiago de Chile, entre outras.

O Concello tamén adiantou que a programación das limpezas nocturnas permitirá minimizar as molestias para o tráfico durante o día, aínda que se recomenda estar atentos aos cortes temporais.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...