InicioSOCIEDADEO Concello e o colexio de arquitectos asinan o convenio para o...

O Concello e o colexio de arquitectos asinan o convenio para o concurso de ideas para Virxe da Cerca

Aspira a transformar a contorna deste conector central da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago e o colexio de arquitectos asinaron este martes o convenio para o concurso de ideas co que o goberno local aspira a transformar a contorna de Virxe da Cerca, o conector central da cidade.

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago, Iago Lestegás, rubricou este martes co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Luciano G. Alfaya, e o presidente da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Anxo Cid Carballo, o acordo.

Este convenio de colaboración foi aprobado o luns na xunta de goberno local, tras a que o Concello presentou as bases do concurso de ideas para o proxecto de remodelación da contorna de Virxe da Cerca –Conector Central da cidade– co que o consistorio local pretende reducir o tráfico ao prohibir que os vehículos privados poidan atravesar a zona e gañar espazo para un dobre carril de transporte público/escolar, así como máis sitio para peóns e bicicletas.

Respecto diso, o Concello destacou este martes que o convenio permite ao Concello contar, no desenvolvemento das súas decisións, coa colaboración e achegue de coñecemento do COAG que, pola súa banda, colabora na definición dos criterios técnicos para a selección das propostas na primeira e segunda fase do concurso de ideas, e velará polos dereitos e deberes dos concursantes, difundindo a convocatoria, facilitando o acceso á documentación e formando parte do xurado en exercicio das súas competencias.

FASES DO CONCURSO

O Consistorio destacou que o concurso aspira a alcanzar o maior número de propostas e pretende avanzar cara a un novo modelo urbano que mellore a calidade de vida da xente.

Para iso, divídese en dúas fases, na primeira, o xurado seleccionará entre as candidaturas que ten que acreditar a solvencia técnica e económica e presentar unha proposta de actuación.

O resultado desta primeira fase será a sección de cinco equipos que desenvolverán a proposta a nivel de anteproxecto na segunda fase.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...