InicioPOLÍTICARueda destaca a comunicación "continua" da Xunta co goberno de Santiago tras...

Rueda destaca a comunicación “continua” da Xunta co goberno de Santiago tras manter unha reunión co alcalde de Ames antes que con Goretti

O titular da Xunta lembrou que con Sanmartín "xa se reuniu" con anterioridade e con García "aínda non". "Por tanto, isto non é ningunha competición", apostilou

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a comunicación “continua” e “bastante fluída” que mantén o Goberno galego co Concello de Santiago, independentemente de quen sexa o interlocutor. Así respondeu ao ser preguntado este martes polos medios sobre por que o luns se reuniu co alcalde de Ames, Blas García, antes que coa rexedora da capital galega, Goretti Sanmartín, que leva meses pedindo un novo encontro con Rueda. A este respecto, o titular da Xunta lembrou que con Sanmartín “xa se reuniu” con anterioridade e con García “aínda non”. “Por tanto, isto non é ningunha competición”, apostilou.

En calquera caso, Rueda reafirmouse en que Xunta e Concello de Santiago están “en contacto” e lembrou que a semana pasada houbo unha reunión da alcaldesa co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, para abordar a taxa turística que os municipios poderán implantar a partir do próximo ano. “Nós (Xunta) o que tentamos é atender as necesidades dos concellos, con interlocutores que en cada caso poden ter capacidade de resolución. Non se trata de se me recibe unha persoa ou outra, trátase de se resolven problemas”, remarcou o presidente.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...