InicioCULTURAFrancisco, el hombre, banda referente de música independente latinoamericana, actuará no festival...

Francisco, el hombre, banda referente de música independente latinoamericana, actuará no festival Maré o 28 de setembro

Presentará o seu novo disco, 'Hasta el Final', un traballo que funciona a modo de festa catártica de todo o que este grupo construíu ao longo dos últimos anos

Publicado o

Xornal de Compostela

Francisco, el hombre, banda de México e Brasil, actuará en Santiago de Compostela, na Sala Capitol (21.00 horas), o 28 de setembro no marco da quinta edición do festival Maré. Este grupo é un dos grandes referentes do panorama de música independente latinoamericana. A banda está formada por Mateo e Sebastián Piracés-Ugarte (México) e os brasileiros Juliana Strassacapa, Andrei Martinez Kozyreff e Helena Papini.

Presentará o seu novo disco, ‘Hasta el Final’, un traballo que funciona a modo de festa catártica de todo o que este grupo construíu ao longo dos últimos anos. O Festival Maré, de músicas e artes atlánticas, celebrarase en Compostela entre o 25 e o 29 de setembro. Está promovido por Nordesía co apoio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago e Estrella Galicia, entre outros. As entradas para os concertos pódense comprar xa na páxina web (www.maré.gal), onde tamén se pode atopar o programa completo.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...