InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO espectáculo 'Camiño Máxico' traerá a lenda da Raíña Lupa ao Pico...

O espectáculo ‘Camiño Máxico’ traerá a lenda da Raíña Lupa ao Pico Sacro

A compañía Queiman e Pousa presenta un musical sobre a lenda do Apóstolo Santiago no 28 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro sábado, 28 de setembro, ás 21:00 horas, o Pico Sacro converterase no escenario do espectáculo “Camiño Máxico no Pico Sacro”, unha creación da compañía Queiman e Pousa, apoiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O evento será de acceso libre e gratuíto para todos os asistentes.

Na presentación deste espectáculo, que tivo lugar esta mañá, participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o Bruxo Queiman, un dos protagonistas da montaxe. Inspirado na contorna máxica do propio Pico Sacro, o espectáculo teatral e musical afonda na lenda do Apóstolo Santiago e da Raíña Lupa, narrando a transformación de Compostela nun faro espiritual de Europa.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, destacou a importancia deste evento para a comunidade local: “Vai ser unha noite máxica; que mellor escenario que o Pico Sacro para acoller este espectáculo que combina teatro e música folk-rock sobre a historia do Camiño de Santiago e as lendas que rodean o noso monte Ilicino”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here