InicioSANTIAGOA Xunta promove a dixitalización do Camiño de Santiago para mellorar a...

A Xunta promove a dixitalización do Camiño de Santiago para mellorar a sustentabilidade

O proxecto 'Camiño Francés: Camiño 360º' busca facer máis accesible o patrimonio e mellorar a experiencia do peregrino

Publicado o

Xornal de Compostela

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou este mércores a aposta da Xunta por integrar tecnoloxías avanzadas para facer do Camiño de Santiago unha ruta máis sostible e adaptada aos novos tempos. Así o indicou durante a presentación do proxecto ‘Camiño Francés: Camiño 360º’, unha iniciativa promovida pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, que está en liña coa estratexia de dixitalización, innovación e sustentabilidade impulsada polo goberno autonómico.

Merelles agradeceu á Mancomunidade o seu esforzo por “manter a esencia do Camiño mentres avanzan cara un futuro máis dixital”. Tamén salientou que este proxecto se axusta aos obxectivos do Plan Director dos Camiños de Santiago 2027 e conta con fondos europeos Next Generation, cos que se busca mellorar as rutas xacobeas.

O proxecto ‘Camiño Francés: Camiño 360º’ inclúe a creación dunha cartografía dixital de todos os itinerarios do Camiño, que permitirá identificar e vectorizar os diferentes elementos territoriais. Ademais, desenvolverase unha aplicación que facilitará a xestión e mantemento das rutas e a creación de vídeos en formato 360º xeorreferenciados.

Merelles destacou que este proxecto “fai máis accesible o patrimonio cultural e natural do Camiño ao tempo que mellora a sustentabilidade da ruta”. Tamén engadiu que promove o uso de tecnoloxías innovadoras que axudan a desestacionalizar as visitas e mellorar a competitividade dos municipios ao longo do ano.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here