InicioCULTURAO VI Festival Ateneo Barroco arrinca en Compostela cunha invitación a gozar...

O VI Festival Ateneo Barroco arrinca en Compostela cunha invitación a gozar da cultura

O certame contará con concertos de destacados artistas e actividades complementarias en varios espazos da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O VI Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco, organizado polo Ateneo de Santiago, foi inaugurado hoxe coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen convidou á cidadanía a achegarse á capital galega para “gozar da cultura e da música neste encontro ao que se van achegar artistas destacados desta modalidade musical”. O festival, que se prolongará ata o 16 de outubro, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e ofrecerá concertos e actividades en diversos espazos da cidade.

Durante a inauguración, Lorenzo destacou a importancia deste certame, que chega á súa sexta edición, para o apoio e reactivación do sector musical en Galicia. “A través de festivais coma este, impulsamos todos os xéneros musicais, promovendo un maior acceso á cultura”, sinalou. Así mesmo, puxo en valor o labor do Ateneo de Santiago, cualificándoo como “un espazo consolidado de entendemento e coñecemento que contribúe a difundir e poñer en valor a nosa cultura”.

CONCERTOS E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

O festival, que leva organizándose de xeito ininterompido durante 6 edicións, inclúe unha variada programación de concertos que se desenvolverán en diferentes escenarios. O mércores, 2 de outubro, terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia a actuación da soprano Roberta Invernizzi, o tenor Marcello Nardis e o grupo Ars Atlántica baixo a dirección de Manuel Vilas. Outras actuacións destacadas inclúen a de Concert le Phénix e Fernando Santiago o sábado 5 na igrexa da Universidade, e El Afecto Ilustrado e Adrián Linares o martes 15 no mesmo espazo.

O Teatro Principal será outro dos escenarios principais, acollendo concertos como os de Dolce Rima o luns 7, Diego Ares o martes 8, e La Reverencia con Andrés Alberto Gómez o sábado 12 de outubro.

Ademais dos concertos, o festival inclúe unha serie de actividades complementarias, entre as que destacan conferencias, un club de lectura, proxeccións e improvisacións, co obxectivo de achegar aínda máis a música antiga e barroca ao público galego.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here