InicioSANTIAGOO IDIS desenvolve un modelo para predicir a resposta á inmunoterapia en...

O IDIS desenvolve un modelo para predicir a resposta á inmunoterapia en pacientes con cancro de pulmón

Investigadores do IDIS identifican un conxunto de proteínas con maior valor predictivo que o biomarcador actual

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet), pertencente ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), publicou un estudo na revista científica Molecular and Cellular Proteomics no que presentan un novo modelo capaz de predicir a resposta á inmunoterapia en pacientes con cancro de pulmón non microcítico metastásico.

Durante o proxecto, os investigadores centraron o seu traballo en analizar as proteínas diferenciais que posúen estes pacientes a través da plataforma SWATH-MS do IDIS, unha ferramenta que permite a análise masiva de proteínas no plasma. Grazas a esta tecnoloxía, o equipo foi quen de identificar 324 proteínas que varían entre pacientes que responden e os que non responden á inmunoterapia.

Segundo o IDIS, o biomarcador actual, a expresión do ligando de morte programada 1 (PD-L1), non é suficientemente eficaz para predicir a resposta ao tratamento. No entanto, os investigadores de Oncomet lograron desenvolver un modelo composto por sete proteínas que presenta un maior valor predictivo que o PD-L1 na cohorte de pacientes analizada.

“A análise de supervivencia mostrou que os baixos niveis de tres destas proteínas están asociados cunha maior supervivencia libre de progresión e unha supervivencia global máis prolongada“, destacou a investigadora Ana Belén Dávila. En cambio, baixos niveis doutra proteína predín unha peor supervivencia global.

No estudo tamén participaron Patricia Mondelo, Jorge García, Luís León Mateos, Alicia Abalo, Susana Bravo, María do Pilar Chantada, Laura Muinelo, Rafael López e Roberto Díaz, todos membros do grupo Oncomet do IDIS.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

O Ateneo de Santiago abordará os desafíos da intelixencia artificial para comprender o comportamento humano

O Ateneo de Santiago acollerá o próximo luns, 9 de novembro, ás 19:30, unha...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...