InicioSANTIAGOAMESAmes organiza obradoiros sobre tecnoloxías e natureza para nenos e adultos

Ames organiza obradoiros sobre tecnoloxías e natureza para nenos e adultos

A programación inclúe actividades de software libre e un obradoiro de marmelos e confituras

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, en colaboración con AGASOL e a Concellaría de Benestar Social, organiza esta fin de semana dúas actividades dirixidas á formación en novas tecnoloxías e á promoción de métodos tradicionais. A primeira proposta será un obradoiro avanzado de LibreOffice, que terá lugar o sábado 21 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, na Oficina de Software Libre situada no Milladoiro. Este obradoiro, parte do programa de actividades da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre, abordará aspectos menos coñecidos de LibreOffice, como a configuración de documentos, exportación a PDF híbrido e sinatura dixital. Os participantes deberán traer o seu propio equipo con LibreOffice instalado. A inscrición pode realizarse en liña.

Ademais, tamén o sábado, a Aula da Natureza inaugurará o seu programa de outono cun obradoiro para nenos e nenas de 6 a 14 anos centrado na elaboración de marmelos e confituras. A actividade desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas nas instalacións da Aula, na Ameixenda. Os participantes recollerán mazás e moras para preparar doces, fomentando o aproveitamento dos alimentos e a loita contra o desperdicio de comida. Haberá dispoñible un servizo de autobús desde Bertamiráns e o Milladoiro, e as inscricións permanecerán abertas ata o venres 20 de setembro.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here