InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Concello de Boqueixón organiza saídas ao Balneario Compostela para maiores de...

O Concello de Boqueixón organiza saídas ao Balneario Compostela para maiores de 60 anos

Tres xornadas de circuíto termal ofrecerán benestar físico e mental en Brión

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón anunciou a organización de tres saídas ao Balneario Compostela, en Brión, dirixidas aos veciños e veciñas maiores de 60 anos que poidan valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria. As datas programadas para estas actividades son os días 4 de outubro, 15 de novembro e 13 de decembro. Durante cada xornada, os participantes desfrutarán dun completo circuíto termal de dúas horas, no que poderán beneficiarse das propiedades da hidroterapia nun ambiente de relaxación e natureza.

A saída está programada para as 10:15 horas dende a Casa do Concello do Forte, e o circuíto termal, que se realizará nas instalacións do balneario de 11:00 a 13:00 horas, inclúe o acceso a dúas piscinas dinámicas con diversos elementos como chorros, contracorrentes, camas de auga e jacuzzi, ademais de saunas, baños turcos e espazos para a relaxación.

O custo para participar é de 15 euros por circuíto termal, que se aboarán no propio balneario, e 8 euros polo transporte en autobús, que se pagarán no momento da viaxe. Para inscribirse ou obter máis información, os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do concello ou chamar ao 981 513 106.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here