InicioSANTIAGOBRIÓNO alcalde de Brión entrega os diplomas dos cursos de formación de...

O alcalde de Brión entrega os diplomas dos cursos de formación de verán

Tres cursos enfocados á atención escolar foron impartidos en modalidade de teleformación

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, entregou os diplomas dos cursos de formación organizados polo Concello durante este verán. Trátase de tres cursos impartidos en modalidade de teleformación, todos eles orientados á atención dos escolares: manipulador de alimentos (10 horas), acompañante de transporte escolar (25 horas) e monitor/a de comedor escolar (35 horas).

Ao acto de entrega, celebrado no Concello, asistiron catro das sete alumnas que participaron nos cursos. Estas estiveron acompañadas polas concelleiras de Ensino, Guarina Rey, e de Servizos Sociais, Rosa Romero, así como pola axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Lola Landeira.

Os cursos, dirixidos principalmente a persoas interesadas en traballar no ámbito escolar, forman parte das iniciativas de formación que o Concello de Brión promove co obxectivo de mellorar a empregabilidade e ofrecer novas oportunidades laborais á veciñanza.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o V Plan de Igualdade 2026-2030

O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade o V Plan para a Igualdade...

Brión convoca novos cursos para formar produtores nas cociñas colaborativas de Montebalado

O Concello de Brión vén de abrir unha nova edición dos seus cursos de...

A Garda Civil recupera o corpo dun home no río Tambre tras activar un operativo en Brión

A Garda Civil recuperou este sábado o corpo sen vida dun home localizado no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here