InicioSUCESOSUn incendio queima unha casa de madeira no recinto do antigo colexio...

Un incendio queima unha casa de madeira no recinto do antigo colexio Junior’s, na Silvouta

Non houbo que lamentar feridos.

Publicado o

Xornal de Compostela

Os bombeiros traballan na tarde deste luns en apagar un incendio que devora unha das casas de madeira do recinto do antigo colexio Junior’s, no barrio compostelán da Silvouta, e que tamén calcinou un anaco de monte. Afortunadamente, non houbo que lamentar persoas feridas. Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, era un particular quen avisaba sobre as 17.45 horas da tarde de que saía fume negro dunha destas vivendas que, finalmente, ardeu por completo.

Seguidamente, o 112 deu aviso ao parque de bombeiros de Santiago, á Policía Nacional, á Local, a Protección Civil e a Urxencias Sanitarias-061, por se fose precisa a súa intervención. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, desprazouse ata o lugar e, en declaracións aos medios, chamou á “tranquilidade” porque está “todo controlado”. Ademais, confirmou que “non hai persoas feridas” nin tampouco “ningún risco” para a poboación.

Sanmartín explicou que o lume, orixinado nunha das varias casetas do complexo, foi “moi rápido” e chegou a afectar a un anaco de monte, aínda que “rapidamente” chegaron os bombeiros forestais. Unha vez extinguidas as chamas, avanzou a rexedora, tocará “avaliar danos”. O colexio Junior’s pechou durante a pandemia e nos últimos anos serviu como instalacións para empresas de moi diferentes sectores.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...