InicioSANTIAGOAMESUn incendio no Milladoiro obriga ao desaloxo dun edificio de cinco plantas

Un incendio no Milladoiro obriga ao desaloxo dun edificio de cinco plantas

Os veciños foron evacuados durante máis de dúas horas debido a un curtocircuíto que provocou danos materiais nunha vivenda

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio causado por un curtocircuíto obrigou a desaloxar na madrugada deste sábado a varios veciños dun edificio de cinco plantas situado na travesía Rosalía de Castro, no Milladoiro. O suceso, que non causou danos persoais, ocorreu pasada a 1:00 da madrugada nunha vivenda do último andar, que nese momento estaba baleira, xa que os seus propietarios atopábanse fóra.

O curtocircuíto, que probablemente se orixinou nun anexo onde se atopaba a lavadora, provocou un denso fume e danou varios electrodomésticos, como a lavadora e un conxelador. A rápida intervención dos bomberos, que botaron auga para controlar o lume, evitou que este se propagase, aínda que causou filtracións noutra vivenda da planta inferior.

Os veciños desaloxados, algúns deles de avanzada idade, estiveron máis de dúas horas na rúa ata que os servizos de emerxencias confirmaron que non había perigo. O lume foi controlado polos bomberos de Boiro e Santiago, con colaboración de Protección Civil, a Garda Civil e a Policía Local de Ames.

Tras o suceso, o alcalde de Ames, Blas García, manifestou nas redes sociais a urxencia de crear un parque comarcal de bombeiros para reducir os tempos de resposta. “Non podemos seguir dependendo da boa vontade e da rapidez en situacións de emerxencia”, declarou García, agradecendo á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, pola colaboración dos bombeiros composteláns.

ÚLTIMAS

Santiago activa o programa de voluntariado para mobilizar máis de 50 persoas nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

Santiago de Compostela puxo en marcha o programa de voluntariado dos XVI Xogos do...

Os novos contratos de alugueiro en Santiago non poderán subir o prezo coa declaración de zona tensionada

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, explicou tras a Xunta...

A carreira SantYago 10K reunirá ata 2.000 participantes o 30 de maio nun percorrido nocturno por Santiago

A cidade de Santiago acollerá o vindeiro 30 de maio unha nova edición da...

Verea denuncia atrasos nos pagos do Concello e propón reducir o prazo medio en 30 días no primeiro ano

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, advertiu este luns sobre o...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here