InicioSANTIAGOA Xunta mellora a accesibilidade no CEIP de Vite I en Santiago...

A Xunta mellora a accesibilidade no CEIP de Vite I en Santiago coa finalización dunha obras de 120.000 euros

A intervención facilita o acceso ás pistas exteriores e á zona verde, beneficiando a máis de 200 persoas

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o CEIP de Vite I en Santiago de Compostela para comprobar o resultado das obras de mellora da accesibilidade, que xa están finalizadas. Cun investimento de case 120.000 euros, a actuación permitiu instalar ramplas que melloran o acceso ás pistas exteriores e á zona verde do centro, facilitando a entrada desde a planta primeira do edificio.

Con esta mellora, a comunidade educativa, composta por máis de 200 persoas, disporá dun acceso máis cómodo e seguro. Rodríguez destacou que “a aposta da Xunta pola educación pública vai máis aló da formación académica, centrándose en crear espazos confortables, seguros e adaptados a todas as necesidades”. Estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura 2021-2024, cun investimento de 278 millóns de euros para realizar 2700 obras en toda Galicia.

No caso de Santiago, o Plan inclúe a reforma e modernización de 13 centros cun investimento de máis de 5,5 millóns de euros. Ademais, durante o verán tamén se levaron a cabo obras dentro do Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola (BEN_Estar 2024), con actuacións en 16 centros da capital compostelá por un valor de 370.000 euros, enfocadas en acadar maior confort e sustentabilidade nos espazos educativos.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here