InicioSANTIAGOA Xunta convoca novas probas para obter os certificados Celga en novembro

A Xunta convoca novas probas para obter os certificados Celga en novembro

Os exames de galego realizaranse en Santiago e Ponferrada para os niveis Celga 2, 3 e 4

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia publicou unha nova convocatoria para as probas de certificación Celga, destinadas a acreditar o coñecemento da lingua galega. Esta segunda convocatoria de 2024, organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, está dirixida aos niveis Celga 2, 3 e 4, que son os máis demandados.

As probas terán lugar na segunda quincena de novembro e realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As datas concretas dos exames serán anunciadas proximamente no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

O prazo de inscrición está aberto por 15 días hábiles a partir da data de publicación no DOG, e a taxa de inscrición é de 16,92 euros. Os interesados poden presentar as solicitudes e o pagamento da taxa a través da sede electrónica da Xunta ou de forma presencial nos rexistros oficiais.

Esta convocatoria forma parte da estratexia da Xunta para promover o uso do galego entre toda a sociedade, especialmente entre aquelas persoas que non naceron en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here