InicioSANTIAGOAMESO proxecto Apego organiza un obradoiro de masaxes en Milladoiro para o...

O proxecto Apego organiza un obradoiro de masaxes en Milladoiro para o 20 de setembro

As familias con bebés que aínda non se despracen poden inscribirse no obradoiro 'Música na pel' ata o 19 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto Apego continúa coa súa programación de outono organizando o obradoiro de masaxes titulado ‘Música na pel’, que terá lugar o venres 20 de setembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A actividade está dirixida a familias con bebés que aínda non se despracen e inclúe unha combinación de masaxes, arrolos e cancións tradicionais, que serán ensinadas polo espazo educativo Arkhé.

A inscrición para este obradoiro abriu o 12 de setembro e estará dispoñible ata o 19 de setembro. As familias interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome, apelidos, idade dos bebés e un número de teléfono de contacto. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de recepción das solicitudes.

O proxecto Apego é unha iniciativa colaborativa que inclúe a participación de varios concellos, entre eles Ames, co obxectivo de promover o uso do galego na socialización da primeira infancia, para nenos e nenas de 0 a 6 anos. As familias que queiran sumarse ao programa poden facelo contactando co Servizo de Normalización Lingüística de Ames ou a través da web apego.gal.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here