InicioPOLÍTICAO BNG rexeita participar nunha xornada da Xunta en Santiago pola ausencia...

O BNG rexeita participar nunha xornada da Xunta en Santiago pola ausencia de mulleres entre os relatores

Noa Presas cualifica de "escándalo machista" a falta de representación feminina no evento sobre municipalismo galego

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG anunciou que non participará na xornada sobre municipalismo organizada pola Xunta de Galicia o próximo 19 de setembro en Santiago de Compostela, debido á ausencia de mulleres entre os relatores, agás a presenza da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, quen, segundo o Bloque, participará como “presentadora”. A deputada nacionalista Noa Presas cualificou a situación como “un escándalo machista e absolutamente inxustificable”.

O BNG criticou que o programa do evento, no que se analizará o estado do municipalismo galego, non inclúe “nin unha soa muller” entre as persoas expertas ou representantes institucionais que intervirán. Segundo o comunicado emitido polo partido, o alcalde de San Sadurniño e vicepresidente da Fegamp, Secundino García, solicitou que se rectificase esta falta de representación feminina, pero ao non ser atendida a súa petición, decidiu non participar na mesa redonda sobre fusións de concellos.

“Non quero ser cómplice desta anomalía que silencia e oculta ás mulleres”, afirmou García, quen enviou unha carta á Dirección Xeral de Administración Local manifestando o seu descontento coa configuración do programa. O rexedor de San Sadurniño subliñou que “os xestos son importantes” e que a situación actual obrígalle a renunciar á súa participación.

O BNG mantén a súa postura de defensa da igualdade e critica o que consideran un reflexo do “machismo estrutural” dentro do Partido Popular no goberno galego.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...