InicioPOLÍTICAPaula Prado lembra a Goretti Sanmartín que "ten seis concelleiros de 25"...

Paula Prado lembra a Goretti Sanmartín que “ten seis concelleiros de 25” e que atenda as demandas do PP

"O PP gañou as eleccións. Por tanto, a que ten que ter xenerosidade é a alcaldesa porque o que non pode ser é que a minoría que representa impoña sobre a maioría" sinalou a secretaria xeral do PPdeG

Publicado o

Xornal de Compostela

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, respondeu á apelación da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, á responsabilidade dos grupos para impulsar proxectos relevantes para a cidade, co recordatorio de que o BNG “ten seis concelleiros de 25” no Consistorio compostelán, polo que debería ser a rexedora a que atenda a demanda dos populares, que foron “os máis votados”.

“O PP gañou as eleccións. Por tanto, a que ten que ter xenerosidade é a alcaldesa porque o que non pode ser é que a minoría que representa impoña sobre a maioría. Terá que escoitar tamén as demandas do PP”, esgrimiu, en declaracións aos medios na capital galega.

Finalmente, remarcou que o PP tamén ten un programa electoral e concorreu ás últimas municipais con “un proxecto de cidade” que ofreceron aos veciños de Santiago, que o apoiaron “maioritariamente”. “O que ten que facer a alcaldesa é atender as demandas do PP nesta cidade”, resolveu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...