InicioSANTIAGOAMESPresentado en Ames o ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024’

Presentado en Ames o ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024’

A Casa do Cruceiro acolleu o acto de presentación dun evento que busca impulsar o turismo rural galego entre setembro e decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

Esta mañá, a Casa do Cruceiro, situada na parroquia de Biduído en Ames, foi o escenario da presentación da décimo oitava edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024. Este programa, impulsado por Turismo de Galicia, celebrarase entre o 13 de setembro e o 15 de decembro, contando coa participación de 77 establecementos rurais nas catro provincias galegas.

O evento contou coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, quen destacou que, aínda que Ames non é un concello turístico tradicional, ten un importante patrimonio rural e cultural, subliñando a súa condición de ser o único municipio de Galicia atravesado por tres rutas do Camiño de Santiago: o de Fisterra, o portugués e o camiño de Muros-Noia. García resaltou o traballo do Concello na promoción turística e expresou o seu desexo de maior colaboración coa Xunta para potenciar a riqueza patrimonial da contorna.

Durante o acto, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou que o Outono Gastronómico consolidouse ao longo dos anos, xerando case 6 millóns de euros para o sector turístico e atraendo a máis de 92.000 persoas nas edicións anteriores. Esta iniciativa busca desestacionalizar o turismo rural galego, que ata xullo de 2024 xa rexistrou un incremento do 3% en visitantes en comparación co ano anterior.

Entre as actividades ofertadas este ano, destacan os paseos a cabalo, o descenso en canoa e o sendeirismo, ademais de propostas gastronómicas especiais que os participantes poderán gozar a través de paquetes que inclúen estadías en casas rurais. Os prezos dos paquetes varían desde o menú Outono Gastronómico por 37,50 euros ata fins de semana completas por 360 euros en opcións familiares.

Merelles tamén anunciou a campaña de promoción que contará con influencers e concursos nas redes sociais de Turismo de Galicia, dirixidos a fomentar o turismo rural galego e atraer novos visitantes a esta proposta. Toda a información sobre o evento, incluíndo os establecementos participantes e os seus menús, pode consultarse en www.turismo.gal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here