InicioPOLÍTICAOs edís do PSOE, sen relación coa executiva, non se distraerán "nin...

Os edís do PSOE, sen relación coa executiva, non se distraerán “nin o máis mínimo” con asuntos internos

O portavoz do grupo socialista no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, confirmou este xoves que "non hai" relación a día de hoxe, e asegurou que na súa actividade na oposición non se distraerán "nin o máis mínimo" con asuntos internos".

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do grupo socialista no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, confirmou este xoves que “non hai” relación a día de hoxe entre os edís e a executiva local, tras a apertura dun expediente en xuño por incumprir a disciplina de voto, unha actuación que defendeu, tras argumentar que na súa actividade na oposición non se distraerán “nin o máis mínimo” con “asuntos internos”.

“A día de hoxe, desde que se iniciou o noso expediente, non a hai, hai que ser sinceros”, respondeu Muíños a preguntas dos medios sobre a relación actual coa executiva local. Do mesmo xeito, dixo que non recibiu comunicación acerca do seu expediente disciplinario, que continúa aberto e ante o que xa presentou alegacións.

Interpelado repetidamente polos medios de comunicación en relación a esta cuestión, Gonzalo Muíños instou a deixar estes temas como “algo interno” e a separalo do labor municipal do grupo socialista. “Os asuntos internos vanse a resolver onde corresponde e coa convicción de que non fixemos nada malo”, dixo, tras garantir que os edís non se van a “distraer nin o máis mínimo cos asuntos internos”.

Aínda que o expediente aberto afecta a Gonzalo Muíños, a edil Mila Castro lembrou que non se refire a el “como persoa física”, se non como “portavoz do grupo municipal”, polo que o entenden como un expediente “a todo o grupo”. “É un expediente aberto ao noso portavoz e, por tanto, é un expediente aberto a todo o grupo municipal, así o entendemos”, apostilou Mercedes Rosón.

Noutra orde de cousas, Gonzalo Muíños dixo que os socialistas están á espera de que a alcaldesa se poña en contacto con eles para iniciar a negociación dos orzamentos para o próximo ano, un proceso no que, garantiu, serán “oposición útil e construtiva” para “primar os intereses dos veciños”.

Sobre como afectarán a estas negociacións as relacións actuais coa executiva local, Muíños reivindicou que son os edís os que teñen capacidade de voto. “Creo que quedou moi claro ao Goberno da señora Sanmartín que realmente quen levanta a man nos plenos é este grupo municipal”, resumiu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...