InicioSOCIEDADEO Sergas adxudica por 12 millóns en dous anos o novo contrato...

O Sergas adxudica por 12 millóns en dous anos o novo contrato de ambulancias da área sanitaria á mesma UTE

O proceso de contratación iniciouse xa en abril, cando recibiu o visto e prace do Goberno galego aínda que por un prezo inicial duns 10 millóns. Con todo, foi declarado deserto porque non se presentaron ofertas, tras o que volveu saír a licitación a finais de xullo pero por 12 millóns máis

Publicado o

Xornal de Compostela

Servizo Galego de Saúde (Sergas) adxudicou por 12.043.950 euros, por un período de dous anos, o novo contrato de transporte sanitario da área de Santiago-Barbanza á unión temporal de empresas (UTE) TSNUX Santiago e Barbanza. Trátase da mesma UTE que levaba o servizo ata o momento e estaba conformada por Ambulancias Casablanca e Ambulancias do Cantábrico. Na primeira destas dúas estivo a piques de iniciarse un conflito a comezos de verán por varios incumprimentos de condicións laborais que denunciou a CIG, pero suspendeuse ao abrirse unha negociación.

O proceso de contratación iniciouse xa en abril, cando recibiu o visto e prace do Goberno galego aínda que por un prezo inicial duns 10 millóns. Con todo, foi declarado deserto porque non se presentaron ofertas, tras o que volveu saír a licitación a finais de xullo pero por 12 millóns máis. Así, o martes desta semana, o Portal Contratos do Sector Público da Xunta publicou a adxudicación do servizo á UTE TSNUX por outros dous anos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...