InicioSANTIAGOAMESAmes comeza o curso escolar con máis de 4.000 nenos e mozos...

Ames comeza o curso escolar con máis de 4.000 nenos e mozos matriculados

O goberno local realiza melloras nos centros educativos e inviste máis de 80.000 euros en mantemento

Publicado o

Xornal de Compostela

Este martes, o curso escolar 2024-2025 comezou en Ames con normalidade, con 4.038 nenos e mozos matriculados nos centros de ensino do municipio. Dos estudantes, 2.357 están inscritos en escolas e colexios públicos de infantil e primaria, mentres que 1.358 cursan secundaria nos dous institutos da localidade. Ademais, o colexio concertado Alca conta con 323 alumnos.

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado polas concelleiras de Educación, Carmen Porto, e Benestar Social, Uxía García, visitaron esta mañá o CEIP Agro do Muíño, onde tiveron a oportunidade de conversar coa directora do centro, María Carmen Liñares, e comprobar o avance das obras de ampliación que está levando a cabo a Xunta de Galicia. “Os nenos xa están desexando estrear as novas aulas e o comedor”, destacou a concelleira Carmen Porto.

A concelleira tamén sinalou a importancia de mellorar as infraestruturas educativas, lembrando que Ames é “o concello máis novo de Galicia”, polo que o crecemento demográfico debe ir acompañado dunha educación pública de calidade.

Datos de escolarización Este curso, os estudantes de infantil e primaria están repartidos en sete centros públicos, sendo o CEP de Ventín o de maior tamaño, con 603 alumnos, seguido do CEIP A Maía con 500 estudantes e o CEIP Agro do Muíño, con 494 alumnos. Nos institutos de secundaria, o IES de Ames conta con 835 estudantes, mentres que o IES Milladoiro ten 523 matriculados.

As escolas infantís de 0 a 3 anos albergan 302 nenos, con 85 inscritos en A Madalena, no Milladoiro, e 81 na escola O Bosque, en Bertamiráns.

SERVIZOS MUNICIPAIS

O Concello de Ames destacou o uso dos servizos complementarios como o comedor escolar, o servizo Bos días e Tardes divertidas, que entre todos superan os 2.000 usuarios. O servizo de comedor conta con 1.417 estudantes, mentres que Bos días rexistrou un aumento de usuarios, alcanzando os 450 nenos.

Investimento nos centros de ensino Durante o verán, o Concello de Ames investiu máis de 80.000 euros en traballos de mantemento en varios centros educativos. As melloras incluíron traballos de pintura, reparación de fontanaría, substitución de tellados e renovación de pavimentos en diversas escolas e colexios. Entre as intervencións destacadas están as reformas nas escolas unitarias de Covas e A Igrexa, así como o traballo de acondicionamento nas escolas infantís da Galiña Azul.

A nivel xeral, a administración local aposta por manter e mellorar a calidade das infraestruturas educativas, garantindo un inicio de curso sen contratempos e facilitando servizos esenciais para as familias.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here