InicioCULTURAA Cidade da Cultura acollerá en outubro unha das maiores exposicións internacionais...

A Cidade da Cultura acollerá en outubro unha das maiores exposicións internacionais sobre tatuaxe

Trátase dunha proposta imprescindible para comprender a pulsión que leva ao ser humano a marcar con tinta o seu corpo

Publicado o

Xornal de Compostela

Xunta e o Musée du Quai Branly-Jacques Chirac (Francia) asinaron un acordo para exhibir en outubro na Cidade da Cultura unha das maiores exposicións internacionais sobre tatuaxe. Co título ‘Tattoo. Arte baixo a pel’, a mostra explora a historia e simboloxía cultural, social, estética e relixiosa desta práctica e tenta explicar as razóns de que as tatuaxes estean presentes en todas as épocas históricas e zonas xeográficas do mundo.

Segundo informou a Xunta, a proposta, producida polo que é un dos museos franceses máis relevantes, inaugurarase no Museo Gaiás o 24 de outubro e permanecerá aberta ata o 20 de abril. Tras ser exhibida en Francia, Canadá, Estados Unidos, Taiwan e Rusia, chega a Galicia coa colaboración da Fundación ‘La Caixa’, convertida nunha das exposicións sobre tatuaxe máis completas e atractivas desenvolvidas ata o momento, unha proposta imprescindible para comprender a pulsión que leva ao ser humano a marcar con tinta o seu corpo.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...