InicioCULTURAMáis de 400 representantes dos Entroidos galegos desfilan por Santiago para promover...

Máis de 400 representantes dos Entroidos galegos desfilan por Santiago para promover a desestacionalización

"Esta é unha maneira que nos está dando resultados á hora de desestacionalizar o noso turismo, para que veñan no inverno e queden en Galicia durante varios días que dura o entroido", dixo o director de Turismo de Galicia.

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de 400 persoas participaron este sábado no desfile de ‘entroidos’ tradicionais que cada ano organiza a Xunta durante o verán como incentivo para que os visitantes coñezan os recursos galegos e volvan a Galicia durante o inverno para participar destas festividades. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu á saída desde a Prazado Obradoiro, en Santiago de Compostela, e animou a que visitantes e turistas volvan durante o inverno “para coñecer recursos que nos fan únicos como destino, como son os nosos entroidos tradicionais”.

“Esta é unha maneira que nos está dando resultados á hora de desestacionalizar o noso turismo, para que veñan no inverno e queden en Galicia durante varios días que dura o entroido”, dixo o director de Turismo de Galicia. Esta acción impulsada e promovida por Turismo de Galicia, lembrou Merelles, vén desenvolvendo nos últimos anos e está a ter “unha importante resposta” tanto á hora de dar a coñecer esta celebración como no índice de asistentes a estas citas, que se celebran en pleno inverno e “que están a ver como cada ano se incrementa o interese”.

Xosé Merelles lembrou que Galicia está a avanzar en desestacionalización, con importantes incrementos de demanda turística fóra de tempada alta. No que se refire ao Camiño de Santiago, explicou que este ano, en xaneiro e febreiro, incrementouse o número de Compostelas un 10 % e un 6 %; e no que se refire a a actividade turística habitual, este ano tamén destacou o positivo comportamento de meses como febreiro, no que a demanda hoteleira creceu case un 4 %, ou maio, onde os establecementos rexistraron un incremento dun 14 %.

Nesta iniciativa participaron representantes de catro entroidos declarados Festa de Interese Turístico (Vilaboa, Verín, Viana do Bolo e Xenerales da Ulla) e outros 10 entroidos convidados dentro dos moitos ‘entroidos’ que enriquecen Galicia. Nesta edición foron os Volantes de Chantada, as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vellaróns de Riós, o Entroido de Samede (Paderne), os Galos da Mezquita (A Merca), os Follateiros (Lobios), os Madamitos e Madamitas de Entrimo, os Felos de Esgos, Fulión de Buxán e os Mudados de Ribadetea (Ponteareas).

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...