InicioSANTIAGOO XXIX Festival Galicreques celebrarase en outubro en Santiago con quince funcións...

O XXIX Festival Galicreques celebrarase en outubro en Santiago con quince funcións para escolares

Os espazos nos que se realizarán as funcións da programación para escolares serán a Fundación Sgae, o Teatro Principal e o Centro Sociocultural Santa Marta, así como a tradicional carpa da Alameda

Publicado o

Xornal de Compostela

O Festival Internacional de Monicreques Galicreques celebrará a súa edición número 29 entre o 12 e o 20 de outubro, cunha programación que incluirá unha quincena de funcións de monicreques para público escolar, ofrecidas por compañías procedentes de Galicia e doutros puntos de España, así como de Colombia, Ecuador ou O Salvador.

Así, o festival, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración do Concello de Santiago, a Agadic, a Deputación da Coruña, o Inaem, Iberescena e a Fundación SGAE, reedita un ano máis o seu dobre compromiso de achegarlles aos mozos espectadores o xénero escénico dos monicreques para a creación de novos públicos.

Os espazos nos que se realizarán as funcións da programación para escolares serán a Fundación Sgae, o Teatro Principal e o Centro Sociocultural Santa Marta, así como a tradicional carpa da Alameda.

A programación escolar do Festival Galicreques está destinada para todos os niveis do ensino obrigatorio, tanto para Infantil e Primaria como para os institutos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...