InicioSANTIAGOAMESOs campamentos de verán en Ames conclúen cunha participación de case 500...

Os campamentos de verán en Ames conclúen cunha participación de case 500 nenos e mozos

O programa de actividades lúdicas e formativas, organizado polo Concello de Ames, cubriu o 98 % das prazas ofertadas este verán

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames finalizou a súa programación de campamentos de verán co peche da última quenda, que se desenvolveu do 28 de agosto ao 2 de setembro na granxa escola El Kiriko. Este ano, un total de 490 rapaces e rapazas participaron nas distintas actividades organizadas, cubrindo o 98 % das prazas ofertadas, segundo informou a Concellaría de Mocidade e Educación.

O programa, que comezou o pasado 23 de xuño, incluíu 13 campamentos con estadía nocturna e dúas quendas de campamento urbano na Aula da Natureza, celebradas entre o 1 e o 26 de xullo. Estas actividades estiveron dirixidas a nenos e mozos de entre 6 e 16 anos, ofrecendo unha combinación de aprendizaxe, lecer e contacto coa natureza.

A concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, destacou que o servizo busca “facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de verán”, mentres que o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, subliñou a importancia de “fomentar a convivencia, a cooperación e o respecto entre os participantes”, ademais de promover o achegamento ao medio rural.

Os campamentos, organizados en diferentes localizacións como a granxa escola de Bergando, a praia de Patos ou o Cámping O Terrón, permitiron que nenos e mozos de todas as idades participasen en actividades ao aire libre, deportes e obradoiros de temática ambiental. Ademais, para os máis pequenos, a Aula da Natureza ofreceu un campamento urbano cunha programación centrada no descubrimento das posibilidades que ofrece o medio natural.

A edición deste ano dos campamentos municipais foi valorada moi positivamente tanto pola administración local como polas familias participantes, consolidándose como unha oferta clave para a conciliación e o desenvolvemento persoal dos máis novos en Ames.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here